Kings of the Beach ironizan o amor no videoclip de ‘Satellite’

O sinxelo é o primeiro adianto do novo disco do trío vigués

Hai pouco máis dun mes, Kings of the Beach anunciaban o novo disco. Despois de labrarse un nome internacional co seu álbum debut Super Awkward, Fucking Awesome (2018), o sinxelo Satellite augura un traballo cheo de enerxía. Agora o trío olívico vén de publicar o vídeo musical do tema, onde dramatizan de maneira cómica sobre a rutina das relacións de parella.

Podemos ver a perfecta ironía trala que se oculta esta peza na que priorizan as relacións amorosas: alegría, tristeza, sorpresa, indignación e emoción. Unha mestura perfecta de  absurdismo e realidade manufacturada polos propios músicos en días posteriores a esta laureada pandemia que cada día faise máis levadía. 

O videoclip protagonízano os seus sempre amigos Nekane e Alén, parella referencia dentro do seu grupo de amizades. Satellite supón a antesala do que será o seu próximo traballo, aínda sen título nin data de lanzamento revelados. Un álbum co que pretenden seguir colonizando o planeta máis aló da cidade olívica.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.