Hai cancións que se coan dentro con tan só unha escoita. Satellite, o novo tema de Kings of the Beach, é unha delas. Un hit enérxico que, en menos de tres minutos, pasa dun brillante arranque a unha épica explosión de guitarras; sen perder a indisoluble pegada da batería e as melodías redondas que caracteriza o son da banda viguesa. Un non-stop sen altibaixos que se mantén ata o último segundo.
Xa dispoñible en plataformas dixitais, este novo sinxelo ilustrado ademais por Tábata Pardo, é un perfecto avance para abrir o apetito á espera da publicación do seu segundo longo, “que será un antes e un despois” para a banda. O single foi gravado e masterizado por Fran Meneses en Metropol Studios de Madrid.
