Como novo adianto do seu próximo traballo e primeiro longo, Desorden, La Plata estrearon hoxe, xunto ao seu respectivo videoclip, Me Voy, un tema no que, sen sairse da súa liña, os valencianos tentan chegar a unha sintonía máis lenta e melancólica.
Me Voy foi producida por Mucho Muchacho, e ocupará no álbum a cuarta posición. O videoclip do tema, dividido entre momentos con Diego Escriche cantando a cámara e situacións cotidiáns da banda, foi dirixido por Aitor Bigas e Alex Sardà e ten un resultado marabilloso, moi acorde co contido da canción. Desorden chegará por completo aos nosos oídos o 2 de marzo.