‘Little Devil Inside’ ilusiona dende o tráiler de lanzamento

Entre tanto nome xigantesco na festa de presentación de PlayStation 5, nomes como o de Little Devil Inside foron pequenas estrelas revelación a ter en conta para o que está por chegar nos vindeiros meses. Lanzado orixinalmente como unha airosa campaña de Kickstarter, alí podemos ver que o xogo recibiu financiación para ser lanzado para PC, Mac, Linux, PS4, Xbox One e WiiU. Con todo, parece ser que será lanzado en exclusiva primeiro para PS5, sendo lanzado para o resto de plataformas a posteriori segundo se pode ver no seu Kickstarter.

Little Devil Inside será un xogo de exploración e supervivencia RPG, centrándose nunha vida diaria e ordinaria onde haberá que traballar duro para conseguir diferentes melloras no teu equipo para lanzarte á túa seguinte aventura. O protagonista non é un súper heroe, senón unha persoa con limitacións que precisará de tecnoloxía e estudio para sobre pasar aos seus inimigos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.