‘Longa Noite’ chega as salas de cine

O filme do autor de 'Arraianos' poderá verse en cinco cidades galegas

A nova película de Eloy Enciso, Longa Noite, chega hoxe aos cines galegos e contará con proxeccións en Vigo nos Multicines Norte, en Santiago de Compostela en Numax, en Ferrol nos Duplex Cinema, en Lugo nos Codex Cinema e na Coruña tanto en Yelmo Rosales como nos Cantóns.

Longa Noite está ambientada durante a posguerra española, onde Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.