‘Longa Noite’, dispoñible para alugar en liña

O útlimo filme de Eloy Enciso chega a Vimeo da man de NUMAX

Xa podemos desfrutar de Longa Noite, a última longametraxe de Eloy Enciso, desde os nosos sofás. NUMAX distribúe a película desde hoxe, 3 de abril, para alugar en liña na plataforma Vimeo, a un prezo de 2,95 euros, para ver durante un tempo limitado de tres días.

Longa Noite supón un retrato íntimo da Galicia interior arrasada pola posguerra, atravesado pola nosa memoria literaria. O filme vén de triunfar o pasado ano en grandes festivais internacionais de cinema, entre os que se contan Lorcano, Toronto, Nova Iorque, Sevilla ou Mar de Plata.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.