‘Magic Twins’ estará localizado en galego

O estudio madrileño Flying Beast Labs e a editora BadLand Publishing lanzarán este xoves 18 de marzo Magic Twins. O videoxogo moverase entre os códigos dos títulos de quebracabezas e os de acción. Estará dispoñible en Steam e Nintendo Switch.

O xogo será un arcade cooperativo no que as bruzas Abra e Cadabra deberán intercambiar os seus poderes para vencer ao inimido. Todo isto estará baseado nun simple código de cores, como que o vermello vence ao vermello e ao azul ao azul.

Tamén está confirmada a localización ao galego. A versión de Steam contará con esta opción dende o momento de publicación, mentres que na Switch haberá que agardar ata a unha actualización.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.