Malia o remate de ‘Xogo de tronos‘, HBO asegura que 2020 “non lle envexará nada a 2019”

"The New Pope", "Patria" ou as novas tempadas de "Euphoria" ou "O conto da criada" son soamente algunhas das novidades

Neste ano 2019 e creando gran controversia, chegou a tempada final de ‘Xogo de Tronos’, buque insignia de HBO. Eles no se renden ao paso do tempo e pretenden dar un 2020 con bastantes novidades que virán marcadas por novas tempadas nas adquisicións estranxeiras e bastante forza nas producións propias, ou como a compañía de Streaming as cualifican “Series de aquí”.

Así, a escasos días para rematar o ano, HBO anuncia as súas apostas e estreas para o 2020. Pero antes de iso traen o que chamaron “un agasallo de nadal”. O día 23 deste mes de decembro estrearase ‘Conto de Nadal”, unha nova adaptación do clásico de Dickens que contará con 3 episodios e incluirá algunha novidade con respecto ao Conto de Nadal que todos coñecemos, dan mans de Steven Knight, guionista de Peaky Blinders entre outros.

Xaneiro entrará pisando forte cunha das achegas máis esperadas: ‘The new pope’, a continuación de ‘The young pope’, sairá o día 11. Nesta serie de Paolo Sorrentino John Malkovich será o novo Papa debido a que Pío XII (Jude Law) non está en disposición por circunstancias que pronto coñeceremos.

Só dous días despois chegará ‘O visitante’ adaptación do bestseller de Sthephen King, e no día 20 do mesmo mes ‘Avenue 5’. Os seguintes meses traerán consigo numerosos títulos como o spin off de ‘Riverdale’: ‘Kate Keen’, ou ‘The Undoing’ unha miniserie que contará con Hugh Grant e Nicole Kidman entre o seu elenco moi esperada tras a actuación da actriz en ‘Big little lies’. Jude Law aparecerá noutra miniserie chamada ‘The third day”.

Tamén haberá regresos moi relevantes. Chega a terceira tempada de ‘Westworld’ e tamén volverá  ‘O conto da criada’. E tamén nos darán novos capítulos de ‘Euphoria’, unha serie deste 2019 que logrou captar a atención do público, e sobre os cales HBO asegura que “non deixará indiferente a ninguén”.

Pero non todo van ser achegas estranxeiras. Dende HBO, despois do que eles chaman “grandes éxitos de aquí”, en referencia aos dous títulos do Estado español que saíron neste ano 2019, ‘O pioneiro’ documental de Enric Bach sobre Jesús Gil; e ‘Foodie Love’ de Isabel Coixet. No 2020 chegará unha ambiciosa serie de terror de Álex de la Iglesia, ’30 monedas’. Tamén a comedia ‘Por H ou por B’ de Manuela Burló. A súa aposta máis forte será ‘Patria’ con localizacións, actores e director vasco, Aitor Gabilondo. Esta adaptación da novela de Fernando Aramburu sobre ETA estrearase en maio do 2020.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.