Margarita Ledo triunfa no Festival de Sevilla con ‘Nación’

Nación, o filme dirixido por Margarita Ledo que narra a loita das mulleres da fábrica de cerámica Pontesa, foi premiado no Festival de Sevilla co Premio Especial á mellor dirección na categoría de película española que teña a súa estrea no certame.

Lourdes Palacios, portavoz do xurado, destacou que a película é un “preciso alegato” á memoria das mulleres galegas que traballaron nas fábricas da incipiente modernización do século XX e que despois “sufriron as consecuencias” da reconversión industrial.

Ademais, o xurado fixo unha mención especial ao tratamento sonoro do filme, que “é crucial para reafirmar o impresionante valor das imaxes que compoñen este documental”.

As circunstancias derivadas da pandemia fixo que Margarita Ledo e o equipo que a ía acompañar non puideran viaxar ata Sevilla, polo que tivo que agradecer o seu premio mediante unha conexión pola vía telemática.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.