‘María Solinha’ é galardoada no Festival de Cinema de Taormina

É o primeiro recoñecemento internacional que alcanza o filme

Maria Solinha, o filme dirixido por ignacio Vilar, logrou galardón na sección ‘Indieuropea’ da 66ª edición do Festival de Cinema de Taormina, galardón no que competía con outras onde longametraxes de Polonia, Irlanda, Francia, Reino Unido, Bulgaria, Italia, Rusia, Turquía e Grecia.

É o primeiro recoñecemento internacional que alcanza este filme que leva ao audiovisual a lenda de María Solinha, a personaxe histórica de Cangas do Morrazo. Esta é unha noticia destacable para un filme que tivo que ser estreado en formato de autocine en diversas localidades por mor da COVID-19.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.