María Solinha, o novo filme de Ignacio Vilar, ía facer a súa preestrea durante esta semana das Letras Galegas. Ante a imposibilidade de levar isto a cabo, mudáronse as datas mais se manteñen o plan aínda que con modificacións. Proxectarase en Redondela en Cangas do Morrazo, lugares onde foi rodada, o venres 19 de xuño e o sábado 20 de xuño respectivamente.
Os eventos serán ao aire libre co obxectivo de facilitar a asistencia do maior número de persoas posibles, que variará segundo en que fase da desescalada nos atopemos (aínda que o que se sabe a ciencia certa é que o que está sobre a mesa un aforo de ata 200 persoas). Será obrigatorio o uso de máscara e haberá un túnel desinfectante para garantir medidas de hixiene. Se fora posible tamén habería photocall, alfombra vermella e asistirá o equipo do filme.