N.O.U.S. estréase co videoclip de 'White Marble'

O proxecto artístico colaborativo comandado polo produtor vigués Sergio Da Vila estrea ‘White Marble’, unha peza pausada na que os sons electrónicos toman o papel protagonista acompañados puntualmente de elementos orgánicos como un piano, e que conta coa colaboración na voz de César Corbacho, cantante de Komodo. O vídeo musical que acompaña esta nova peza foi dirixido por Héctor Ramos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.