Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional

O festival Liet International 2018, que se desenvolveu na cidade holandesa de Leewarden o pasado 23 de maio, acabou con recoñecementos para Galicia. Esta competición musical para bandas e solistas que traballan en linguas minorizadas de europa contou nesta décimo segunda xeira coa presenza de dúas formacións galegas, a banda Familia Caamagno e mais a solista Nastasia Zürcher. Foi esta última a que conseguiu o recoñecemento no evento, quedando segunda na clasificación xeral, na que se viu superada pola banda córnica The Rowan Tree. Ademais, a cantante galega trouxo para a casa o premio dos músicos, que outorgan os propios participantes no evento. Zürcher contou co seu produtor Adrián Saavedra ao piano para interpretar o seu tema ‘Espertos’ no festival.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.