Esta fe inquebrantable na natureza lírica do cine levouno a exhibir as súas pezas en espazos de referencia como MoMA, Pompidou, Tate Modern ou Filmoteca Española, ademais do Centro Galego de Artes da Imaxe, onde non é a primeira vez que proxectan os seus filmes. O pase deste venres no CGAI de Arboretum Cycle, a súa última película, supón a estrea no Estado español da mesma. Trátase dun ciclo de sete pezas, que agora xa só mostra coa serie completa –unha delas, Elohim, gañou este ano o Premio Jean Vigo no Festival Punto de Vista–, filmadas ao longo dun ano moi preto da súa vivenda en San Francisco, no Arboretum do Golden Gate Park.
At “Centro Galego de Artes da Imaxe” in A Coruña, #Spain you are invited to an evening in which the entire Arboretum Cycle is presented | 8:30pm on Friday June 22nd 2018 | https://t.co/NatuL1p8Ku …
| Nathaniel Dorsky | 2017 | 137 minutos | 18fps | #16mm | cor | silente pic.twitter.com/mrpKpsaqGd— Nathaniel Dorsky (@ndorsky) May 22, 2018
Tamén na sección Desencadres, a filmoteca galega mostrará o sábado ás 18 horas as series de Exipto e Babilonia de Stan Brakhage, xunto a outros traballos do autor máis profundo e inesgotable do cinema experimental estadounidense.