Se ben quizais o disco máis interesante estreado o venres pasado foi o de Beach House, esta semana viu marcada pola publicación do novo disco dos Arctic Monkeys, que eclipsou case por completo todos os demais lanzamentos musicais. Non podía faltar polo tanto na nosa playlist semanal o single escollido finalmente pola banda para promocionar este novo disco, Four Out Of Five. Así mesmo, Nine Inch Nails estrearon o primeiro adianto de Bad Witch, unha canción que semella ter unha grande influencia do disco Blackstar de David Bowie. Tamén tivemos novos adiantos dos discos de Melody’s Echo Chamber e Courtney Barnett, así como unha nova canción do cuarteto catalán Mourn que tampouco podía faltar no noso top semanal.
- Nine Inch Nails – God Break Down The Door
- Mourn – Fun At The Geysers
- Courtney Barnett – Sunday Roast
- Arctic Monkeys – Four Out Of Five
- Melody’s Echo Chamber – Desert Horse
- La Luz – Cicada
- illuminati hotties – Shape Of My Hands
- Sarah Louise – When Winter Turns
- Beach House – Black Car
- Axolotes Mexicanos – Doble Check
- Simian Mobile Disco – We Go