- Malandrómeda: Non fai falla presentacións a un das xa máis emblemáticas agrupacións do noso país. Un directo como nunca imaxinástedes o hip hop, sumado a unha experimentación case inalcanzable e que sentou moita escola, os Malandrómeda volverán a dar o seu espectáculo este vindeiro día 12, en Ourense, no Torgal.
- Canine + Rótula: Falamos xa do EP de Canine, o cal tivemos a oportunidade de estrear dende Balea Cultural. Agora veremos como todo o que había alí contido se traduce no seu directo, pois estarán o día 9 tocando en Santiago de Compostela, no Corzo. Con eles estarán Rótula, grupo formado por membros de agrupacións tan queridas e destacadas no país como Puma Pumku, Bulto ou Vozzyow, e que están a preparar o seu primeiro disco.
- Angel Olsen: A estadounidense Angel Olsen é unha das imaxes máis destacadas do panorama cantautor estadounidense. O seu último álbum, My Woman (2016), foi unha auténtica proba de que a misuriana tiña moito que aportar á escena. Estará en Santiago, no auditorio Abanca, tamén o vindeiro día 12.
08/05/2018
Cowtown – Santiago de Compostela (A Reixa, 21:00)
09/05/2018
Canine + Rótula – Santiago de Compostela (Corzo, 22:00)
10/05/2018
Adriana Moragues – A Coruña (Le Tavernier, 19:30)
Mike Ross Band – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:00)
Diego & Andrius Duo – Vigo (La Leyenda, 20:30)
11/05/2018
Mojo Experience – Lugo (Clavicémbalo, 23:30)
Bill Evans – Ourense (Praza de Santa Eufemia, 23:00)
Bloodhunter – Vigo (Sala Masterclub, 21:00)
Nostromo – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:30)
The Blues Freaks – Vigo (La Pecera, 23:00)
The Soul Jacket + The Milkyway Express + Red Beard – Vigo (La Iguana Club, 23:30)
12/05/2018
María do Ceo – A Coruña (Teatro Colón, 21:00)
Vetusta Morla – A Coruña (Coliseum, 21:00)
Man de Santo – Lugo (Ho! Gruf, 13:30)
Malandrómeda – Ourense (Café Pop Torgal, 20:30)
The Trunks – Cangas do Morrazo (Salason Cangas, 22:30)
Pacheco Bros – Vigo (Cervexería Nós, 20:30)
Terbutalina – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)
Cró – Vigo (Radar Estudios, 21:30)
Angel Olsen – Santiago de Compostela (Auditorio A Banca, 21:00)
13/05/2018
Soziedad Alkoholika – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)
Black Stereo – Vigo (La Leyenda, 12:30)