Novo tráiler de Pokémon Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX para Nintendo Switch

A reedición do xogo para a nova consola portátil de Nintendo sairá á venda o vindeiro 6 de marzo.

E se un día espertaras con forma de Pokémon? É a pregunta dende a que xorde Pokémon Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX, reedición do clásico de Nintendo para Game Boy Advance lanzado en 2006.

O xogo procura poñernos na pel do que no resto de xogos da franquicia son os nosos compañeiros de viaxe. Polos tráilers, semella que poderemos escoller entre personalizarnos con Cindaquill, Totodile, Pikachu, Mudpik,  Treecko, Psyduck, Chikorita, Charmander, Bulbasaur, Torchic, Cubone, Machop, Eevee, Squirtle, Skitty ou Meowth.

Se ben a reedición promete novos achegamentos ao xogo, semella que continuará coa sinopse do xogo orixinal: o noso obxectivo será rescatar a outros pokémon nun mundo cheo de desgrazas naturais xunto ao noso equipo de rescate.

Pokémon Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX estará á venda para Nintendo Switch a partir do vindeiro 6 de marzo de 2020. Xa existe unha demo xogable dispoñible na Nintendo eShop.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.