O 17ºRibeira Sacra Festival xuntará música, gastronomía e paisaxe

A quinta edición do 17ºRibeira Sacra Festival celebrarase entre o 16 e o 18 de xullo. O seu cartel está composto tanto por artistas galegos como de fóra: Budiño & Novoa, dani, The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj. Ademais, esta quinta edición volve contar de novo cun invitado especial, Ángel Carmona

Nesta edición, o 17ºRibeira Sacra aposta por impulsar a oferta gastronómica con espectáculos de cociña deseñadas por chefs galegos de referencia. Lucía Freitas será a responsable de deseñar a proposta gastronómica do festival.

Tamén é relevante o enclave no que se desenvolve, que se mostra nos seus sete escenarios: as Bodegas as Regina  Viarum, onde está situado o Escenario Xacobeo 21·22, o Miradoiro de  Santiorxo e as impresionantes vistas do Escenario Momentos Alhambra, o catamarán de Ponte do Sil, Escenario Deputación de Lugo, a Reitoral de Gundivós, a fusión entre tradición oleira e vinícola; a Adega Vía Romana, os interminables xardíns do Eurostars Pazo de Sober e o Centro histórico de Chantada.

O 17º Ribeira Sacra conta ademais con servizo de autobús interno, que desprazará aos asistentes entre os diversos escenarios nos que se desenvolverá o evento. Todos os horarios de concertos, actividades e autobuses poden consultarse na web do festival.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.