O Carballo Interplay abre a inscrición para o seu Campamento Kamikaze

Servirá para quentar motores antes da inauguración do festival

O Carballo Interplay pon en marcha unha nova edición do Campamento Kamikaze, o seu particular obradoiro de creación audiovisual “exprés”, que serve cada ano para quentar motor de cara ao inicio do festival, que celebrará a súa sétima edición entre o 1 e o 4 de abril.

As tres xornadas do Campamento Kamikaze (do 30 de marzo ao 1 de abril) estarán protagonizadas como xa é costume á creación dun “dinosaurio” na contorna da praia de Razo. O éxito deste proxecto está claramente demostrado, xa que é o segundo ano consecutivo que opta a un Premio Mestre Mateo á mellor webserie.

As persoas seleccionadas para participar nesta edición do evento traballarán con profesionais da creación audiovisual galego como Cris Iglesias, Marcos Nine, Antón Varela, Alfonso Zarauza, Marta Piñeiro, Isaura Docampo ou Lucía Regueiro. Xuntos afrontarase ao reto de idear, grabar e postproducir novos capítulos da webserie “Dinosaurio”, iniciada na primeira edición do Campamento Kamikaze.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.