O Carballo Interplay celebrarase nun formato híbrido

A citá será entre o 18 e 21 de novembro

Após de ter que adiar a súa celebración por mor da COVID-19 o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay anunciou algúns detalles da súa próxima edición. Será entre os días 18 e 21 de novembro nun formato híbrido que priorizará os contidos online pero sen renunciar, sempre e cando sexa posible, algunha actividade presencial.

Co programa aínda sen determinar, a organización advirtiu que a prioridade no evento será evitar “calquera risco de contaxio” e fai un chamamento á “responsabilidade colectiva”. O Carballo Interplay tiña programada para o pasado mes de abril a súa edición 2020 que tivo que adiarse.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.