O Chanfaina Lab estrea as súas últimas curtas online

Cada día engadirán un no seu sitio web

O coronavirus está a afectar dun xeito transversal ás formas de consumo de cultura e o Chanfaina Lab é un dos eventos afectados. Tivo que mudar a súa tradicional presentación das obras resultantes do certame dun xeito presencial e cunha periodicidade semanal a presentar todos os días unha “chanfaina” mentres dure a corentena na web do proxecto.

Corenta cineastas participaron o pasado setembro na sexta edición do Chanfaina Lab, o encontro de creadores audiovisuais galegos  que cada ano celebra o proxecto Fálame de San Sadurniño. Neste evento, os participantes deben gravar unha curtametraxe nunha fin de semana. A duración das obras oscila entre os tres e cinco minutos.

Nestes días estanse a estrear filmes procedentes de persoas moi diversa como o da xornalista María Yáñez ou a promotora do festival Olloboi Ana Moreiras. Tamén caras coñecidas do cinema galego como, Lucía C. Pan, Aldara Pagán ou Luís Avilés mais a meirande parte dos participantes son veciñanza da zona.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.