O cinema galego triunfa no Festival de Málaga

Cinco filmes galegos foron premiados no certame

Ata catro filmes galegos conseguiron galardóns na última edición do Festival de Málaga. Lúa vermella, o agardado novo filme de Lois Patiño, alzouse coa Biznaga de Plata á mellor película española na sección ZonaZine.

Pola súa banda, Noemí Chantada conseguiu coa súa curta Xoves de comadres colleitou o Mención Especial do Xurado na categoría de curtametraxe de ficción e o Premio do Público. Na categoría de curtametraxe documental tamén conseguiu o Premio do Público Os que non sinten (Marta Porto, Carlota Mojica, Alba Cantero e Débora Vargas), ademais de ser galardonado co mellor recoñecemento na sección de Documentais.

A curta documental gañadora da sección oficial foi Carne de Camila Kater Por último, Homomaquia, de David Fidalgo, lévase a casa o premio á mellor curta de animación e o Premio de Público na súa categoría.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.