O Curtocircuíto anuncia as súas datas

celebrarase cun formato mixto onde se inclúe contidos online a través de Filmin.

O festival de cinema Curtocircuíto celebrarase do 3 ao 11 de outubro. Ante a incerteza da súa celebración por mor da COVID-19, a organización confirmou nas súas redes sociais que o certame de curtametraxes celebrado en Santiago de Compostela finalmente se levará a cabo.

Pouco se sabe aínda das actividades finais desta edición pero o formato cambiará por mor da situación sanitaria, aínda que xa está confirmado que se estreará un formato mixto e reducido con contidos online a través de Filmin e as redes sociais virtuais combinados con sesións virtuais nas sedes habituais do evento. A convocatoria para participar está aberta ata o 10 de agosto na páxina do festival

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.