O Curtocuíto volve máis galego que nunca

O Curtocircuíto xa está moi cerca. O festival, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 3 e o 11 de outubro, presentouse este xoves 24 de setembro. O certame incrementa a súa aposta polo cinema galego na que tamén cobra importancia a programación online.

Debido ás circunstancias actuais, o certame contén un programa reducido, pero mantén as seccións Supernova, dedicada a novos talentos do audiovisual e Planeta GZ onde participarán cineastas galegas. A maiores, incorpórase a sección Novas Creadoras, que busca explorar e poñer en valor o traballo dunha xeración de mulleres que está a sacar adiante proxectos neste campo no país.

Dentro do programa destaca a estrea en Galicia do agardado novo filme de Lois Patiño Lúa Vermella, que ven de colleitar unha Biznaga de Plata no festival de Málaga e unha sección oficial composta por 35 filmes de 22 países máis propostas paralelas como concertos.

Por outra banda desenvolvera un ciclo dedicado a Dennis Hopper, que estreará a nivel estatal a versión restaurada do seu Out of the Blue. Tamén se estrearán as novas longametraxes dos directores Óscar Alegría e Camilo Restrepo.

As proxección, máis aló das sedes habituais en Santiago de Compostela, poderán seguirse na plataforma de streaming Filmin e as actividades paralelas estarán tamén dispoñibles dende a propia web do Curtocuíto.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.