O documental ‘Pontevedra, cuna de Colón’ forma parte do ciclo #DoréEnCasa

O CGAI colaborou nas tarefas de recuperación, conservación e restauración da curta de Enrique Barreiro.

Dirixido por Enrique Barreiro, quen ademais de ser director dedicou a súa vida a experimentar con sistemas para dotar de cor á imaxe cinematográfica, Pontevedra, cuna de Colón trátase dun filme curtametraxe documental que desenvolve a tese da orixe pontevedresa de Cristobal Colón. A película consta de dúas versión, estreadas en 1927 e 1930, que teñen unha estrutura case idéntica na que difiren os diferentes elementos cos que experimentou Enrique Barreiro en relación á cor.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) é o propietario das películas, e os traballos de recuperación, conservación e restauración foron ao seu cargo coa finalidade de recuperar o patrimonio audiovisual galego. As obras foron depositadas xa nun arquivo especialmente para a conservación dos nitratos que posúe a Filmoteca Española na súa sede do Centro de Conservación e Restauración.

A película leva dende o 26 de maio dispoñible para a súa visión online, sendo a última ocasión mañá ás 12:00 como parte do #DoréEnCasa. O filme está dispoñible no Vimeo do ciclo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.