O Esmorga Fest celebrarase en novembro

A cita será o 13 e 14 de novembro en Sarria

O Esmorga Fest de Sarria foi un dos primeiros festivais afectados pola alerta sanitaria provocada pola COVID-19. Tiña prevista a súa celebración xustamente os días 13 e 14 de marzo, o primeiro fin de semana con Estados de Alarma. O novas datas anunciadas para a súa celebración son o 13 o 14 de novembro

Agora a organización deste festival de música independente anuncia novas datas e a intención de manter todo o cartel de bandas anunciadas entre as que se atopan Cariño e Los Punsetes entre outros. De todos os xeitos, a organización está a levar a cabo a devolución de abonos ata o 20 de abril.

En edicións anteriores este festival que xa é unha referencia estatal no seu xénero acolleu a bandas tan importantes como Triángulo de Amor Bizarro, WAS, Belako, Nudozurdo ou La Plata.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.