O Festival de Cans adíase por segundo ano consecutivo

A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans, decidiu que a XVIII edición desta cita adíese, ao igual que ocorrera o ano pasado, ata a primeira semana do mes de setembro, en lugar de regresar ás tradicionais datas en marzo.

En concreto, decidiuse que a cita se celebre entre o mércores 1 e o sábado 4 de setembro para “actuar con prudencia” e ter en conta a evolución da pandemia mentres avanza o proceso de vacinación.

O pasado ano, ao redor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estritas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades. Os próximos días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.