O Festival de Cans estreará ‘A illa das mentiras’

O filme compartirá protagonismo coa homenaxe que o certame lle fará a a Chano Piñeiro

A estrea do filme “A illa das mentiras”, antes de chegar ás salas galegas servirá para abrir a XVII edición do Festival de Cans, que se cele o 2 e o 5 de setembro. A longametraxe de Paula Cons, comparte ademais protagonismo coa homenaxe a Chano Piñeiro e a súa figura, que o festival leva a cabo polo vixésimo quinto aniversario do seu falecemento. Á figura do creador de clásicos do audiovisual galego como ‘Sempre Xonxa” adicáselle o cartel do certame deste ano.

Cartel Festival de Cans 2020

Nesta edición, a seguridade e, de maneira moi especial, trazar un ‘escudo protector’ sobre os maiores da localidade de Cans, é o primeiro obxectivo do Festival, que reducirá considerablemente o seu aforo e eliminará os concertos nocturnos para adaptarse á situación actual.

‘A illa das mentiras’, primera longamentraxe de Paula Cons, acaba de recibir esta semana unha extraordinaria noticia, ao confirmarse a súa participación no Festival de Shanghai soamente uns días antes de estrearse na plataforma de video on demand Filmin.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.