O festival Kerouac celebra os seus 10 anos cunha edición híbrida

 

O Festival Kerouac cumple dez anos. O festival polipoético organizado por Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente presentan este ano unha edición híbrida con eventos nas rúas de Vigo.

O mércores 21, dia do pasamento de Kerouac, haberá un recital na rúa Londres, específicamente no Muro dos Poetas, un espazo creado polo festival no 2017. Aí habera unha escolma de poetas vigueses representados en figuras como Malvares de Mosco, Anna R. Figueiredo, Oriana Méndez ou Constance Hurlé.

O segundo evento en vivo será o xa clásico Poemóbil, que circulará polas rúas olívicas do 21 ao 24 de outubro, inundando a cidade de poesía cos seus altofalantes. Este ano por mor da pandemia será sen poetas no seu interior, pero haberá poemas en audio enviados por poetas de todo o mundo.

Na súa modalidade online, o Festival Kerouac celebrará unha mesa redonda entre editoriais de España e América, un recital con poetas de todo o mundo vía Zoom (coa participación do mítico Roger Santivañez, a neoiorquina Mercy Tullis ou a galega Lúa Mosquetera.

Tamñen haberá oco para a performance, con Montenegro Fisher dende Londre, a inclasificable Lola Nieto ou o proxecto de spoken word e música electrónica Elektrosía. O domingo 25, para clausurar o festival, sera a quenda de Mateo Fixemberg un DJ vigués que ve a súa sesión musical coma un poema.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.