O Sinsal comezará a quentar motores esta primavera

O Festival Sinsal vén de anunciar unha programación de primavera que celebrará na cidade de Vigo e que estará composta por catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio.

Celebraranse dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello, nos que participarán o compositor residente en Los Ángeles Tashi Wada (14 de abril), presentando a súa nova formación en colaboración con Julia Holter e o percusionista Corey Fogel. Xuntos interpretan o último disco de Wada: Nue. Por outra banda, Dorian Wood interpretará a música de Chavela Vargas nun tributo baixo o título Xavela Lux Aeterna (18 abril).

A estes dous concertos súmanse dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio).

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.