O lume folk de Emily Jane White, acto lisérxico imperdíbel na súa xira por Galicia

A cantante californiana achegarase á sala viguesa Radar Estudios o día 19 de febreiro (21 hrs) e o día 22 ao O Vello Cárcere de Lugo para presentar ao público galego o seu sexto álbume de estudo Immanent Fire, un novo proxecto no que o conflicto climático é a cuestión central: a destrucción total da naturaleza como un futuro (inevitablemente) devastador.

Realzando a nosa capacidade intrínseca de que aínda estamos a tempo de arranxar o que está por acontecer e que ‘todo cambio aínda é posible’, Emily emprega unha gama de sons sutilmente desgarradores, onde a súa voz doce e, á vez, cun notable peso, lánguida, amosa unha estética musical coidada ao detalle que recorda ás de músicos recoñecidos como Nick Cave ou Mark Lanegan.

Dentro do xénero do folk americano máis escuro, espectral e gótico, a compositora fará as delicias dos fanáticos e fanáticas doutras artistas de excelente calidade tales como Marissa Nadler, Laura Marling, Cat Power e Mariee Sioux.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.