O Morrasound Rock Fest non se celebrará en 2020

A organización xustifícase ante a indefinición de medidadas de seguridade

Hai catro anos, a Asociación Cultural Fontenla, botaba a andar o Morrasound Rock Fest, mais debido a crise sanitaria non se vai poder celebrar esta edición nin nas datas orixinais nin nas alternativas programadas para finais do verán.

“A evolución da crise sanitaria sen precedentes que estamos a padecer, pero sobre todo a incerteza e a indefinición das medidas que deberiamos aplicar no evento para garantir a vosa e a nosa seguridade, obrígannos a tomar a decisión de adiar o festival para unhas novas datas no 2021”, explica a organización nun comunidao.

“Xa non é que non poidamos é que non sabemos que é o que podemos ou non podemos”, continúan. Isto levounos a suspender el evento ante “a imposibilidade de planificar sobre imposibles”, con artistas, patrocinadores e equipo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.