Por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19, o Festival Primavera do Cine de Vigo é obrigado a adiar as datas da súa 9º edición, inicialmente programada para a segunda semana de maio. As novas datas serán do 15 ao 20 de setembro. Dende a organización aseguran que se seguiran as medidas de seguridade propostas polas administracións: “A seguridade de público, cineastas e persoas convidada será sempre o primeiro para nós”.
Ademais, o festival presenta o seu cartel da nova edición, unha imaxe creada pola deseñadores María Llauger, quen leva catro edicións encargándose da gráfica do festival. A organización tamén comunicou a súa solidariedade coas vítimas do coronavirus e o seu agradecemento a todas as persoas que traballan para que malia a situación actual “o mundo continúe xirando”.