‘O que arde’ desembarcará en marzo en terras británicas

Os lugares elixidos para a súa estrea son Londres, Bristol, Newcastle, Glasgow, Sheffield e Manchester

O Que Arde, a o filme de Óliver Laxe, durante o mes de marzo estrearase en seis cidades británicas e contará con coloquios do seu director nalgúns dos pases de exhibición.

O filme proxectarase en galego subtitulado ao inglés e poderá verse cidades británicas a partir do 20 de marzo. Os lugares elixidos son Londres, Bristol, Newcastle, Glasgow, Sheffield e Manchester. No área londiniense tres salas exhibirán a película, mais soamente dous delas durante toda unha semana (ICA Cinema e Curzon Bloomsbury), o mesmo que as salas de Bristol e Sheffield.

O director, como xa fixo en varias proxeccións en Galicia e noutros lugares do Estado, acudirá ao encontro co público nalgunha das proxeccións entre o 20 e o 27 de marzo. É a segunda aventura fóra do Estado español de O que arde tras a súa estrea en Francia durante o pasado setembro.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.