‘O que arde’, preseleccionada para acudir aos Oscar

‘O que arde’ segue a sumar recoñecementos mesmo un ano despois da súa estrea. A última película do director galego Óliver Laxe atópase entre os tres filmes preseleccionados pola Academia do Cine para representar ao Estado na vindeira edición dos premios Oscar. As outras dúas películas que aspiran a acudir á gala dos premios do cine de Hollywood son ‘El hoyo’ e ‘La trinchera infinita’. O 3 de novembro tomarase a decisión definitiva.

Despois de estrearse no Festival de Cannes e lograr o premio do Xurado na sección Un Certain Regard, ‘O que arde’, logrou converterse no filme galego máis visto nas salas de cine na historia, tamén logrou o recoñecemento do audiovisual catalán cun Premio Gaudí á mellor película europea. Na última gala dos premios Goya a película tamén se fixo con dous galardóns. Benedicta Sánchez, protagonista de ‘O que arde‘, gañou o premio á actriz revelación. Pola súa banda, Mauro Herce colleitou o premio á mellor dirección de fotografía O filme de Óliver Laxe converteuse así na primeira película en galego en colleitar un Premio Goya.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.