O remake de ‘Demon’s Souls’, confirmado para PS5

Máis de dez anos despois da saída do videoxogo, o precursor da saga Dark Souls chegará a PS5, mais deberemos esperar para saber a data de lanzamento. O remake de Demon’s Souls foi presentado onte como parte do evento dedicado á nova consola de Sony, xunto con moitos outros nomes.

Demon’s Souls saíu orixinalmente en 2009, sendo dirixido por Hidetaka Miyazaki. No tráiler de lanzamento podemos atopar paralelismos co xogo orixinal, sendo recoñecibles diferentes bosses que formaban parte do xogo orixinal lanzado en exclusiva para PS3, aínda que o lavado de cara é xigantesco.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.