O Resurrection Fest adáptase en formato reducido a un ciclo de concertos seguros

O festival, que terá lugar entre o 21 e o 30 de agosto, acollerá a Angelus Apatrida, Lendakaris Muertos ou Crisix

Do 21 ao 30 de agosto, Viveiro volverá ser unha cita ineludible para os amantes do rock e do metal. O Resurrection Fest Estrella Galicia XS eríxese como un ciclo de concertos de aforo reducido e con todas as medidas de seguridade vixentes. As actuacións, máis persoais e íntimas, serán de pago e gratuítas, e terán lugar no mítico recinto do Resurrection Fest. O escenario será único e terá capacidade para un máximo de 800 persoas.

Entre os concertos principais dentro da programación atópanse algunhas das bandas estatais máis importantes que pasaron polo festival, como son Angelus Apatrida, Lendakaris Muertos ou Crisix. Outros artistas como Onza, True Mountains, Brothers Till We Die, Strikeback ou Wasted Wiltons tamén estarán presentes. Ademais haberá eventos para todos os públicos, como Gansos Rosas (grupo tributo a los Guns N’ Roses) ou sesións vermú gratuítas con artistas locales como Karras Martínez & DJ Llonas, ou Joni Ramos &  Sunday Monday Club.

O festival tamén ofrece a posibilidade de acudir ao festival nunha edición online, que se retransmitirá en directo os días 28 e 28 de agosto, e contén un documental especial sobre o festival, actuacións inéditas e entrevistas exclusivas. As entradas para os concertos de pago sairán á venda o vindeiro xoves, 13 de agosto, ás 12.00h na páxina web do festival.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.