‘O Visitante’, unha adaptación máis dunha novela de Stephen King?

Jason Bateman dirixe os dous episodios anunciados para o luns

Baseada na novela homónima de Stephen King, O visitante é a nova serie de HBO España que explora a investigación do brutal asasinato dun rapaz e a misteriosa forza que rodea o caso. Estrearase o luns 13 de xaneiro na plataforma de streaming coa publicación de dous capítulos dos dez que terá en total a serie.

O obra conta a historia do detective Ralph Anderson  (Ben Mendelsohn), que se prepara para investigar o corpo mutilado de Frankie Peterson, de once anos, atopado nos bosques de Georgia. As misteriosas circunstancias deste incidente obrigarán ao protagonista, que aínda arrastra a morte do seu fillo, a traer á pouco ortodoxa investigadora privada Holly Gibney (Cythian Erivo), cuxas misteriosas habilidades agarda que axuden a explicar o que parece inexplicable.

Dos dous primeiros episodios xa anunciados, destaca a presencia de Jason Bateman (Ozark) como director, que tamén figura como produtor executivo. A serie está escrita por Richard Price, que participou en obras tan lembradas como The Wire.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.