Os 50 discos de 2020

O 2020 comezou cheo de lanzamentos musicais interesantes, pero en canto chegou a pandemia as cousas cambiaron. Primeiro foron as cancelacións das xiras e os artistas que atrasaron a publicación dos seus discos ante a nova situación de incertidume causada polo covid.

Porén, outros músicos aproveitaron os confinamentos para encerrarse nos seus estudos e comezar a facer música nova con moitos menos recursos do habitual, dando luz a álbumes que seguramente non terían existido doutra maneira. A música do 2020 caracterizouse en boa medida polo seu caracter improvisacional, foron moitos os discos gravados sen unha gran planificación detrás, en pouco tempo e cunha produción cru e minimalista que amosou que non sempre fan falta son bombásticos para transmitir emoción.

Dende Balea seleccionamos os 50 traballos máis destacados do ano, discos completamente diferentes, gravados dende distintas partes do mundo pero que reflexan boa parte dos sentimentos colectivos que nos acompañaron ao longo deste 2020.

Interscope

Kali Uchis

Sin miedo (del amor y otros demonios) ∞

Kali Uchis deixa un chisco de lado ese son esotérico que caracterizaba a viaxe de Isolation (2018) e achega unha visión máis cálida e persoal á súa música a través da conexión coa lingua, as súas raíces e a exploración de novos sons. O resultado, se ben non se contrapón ao anterior álbum, é un álbum cálido e cheo de amor, paixón e forza.

Atlantic

Hayley Williams

Petals for Armor

O primeiro disco en solitario da cantante de Paramore explora a idea de que a vulnerabilidade en certa maneira pode ser unha fortaleza, aproveitando a súa música como medio para sincerarse, sacar á fora os seus sentimentos e superar unha etapa de turbulencia persoal na súa vida a través de cancións intimistas marcadas pola súa coidada instrumentación.

4AD

Adrianne Lenker

Songs

Poucos son os álbums que se nos veñen á mente á hora de pensar nun álbum cálido, melódico e doce. Adrianne Lenker consegue no que xa é o seu sexto álbum de estudo que a relación con estas ideas sexa instantánea.

Partisan

Ultraista

Sister

Oito anos despois de lanzar seu primeiro disco, o trío conformado por Laura Bettinson, Nigel Godrich e Joey Waronker voltou cun disco cheo de ritmos frenéticos, sintetizadores e voces que se entrelazan. Desta volta a banda tamén fixo uso dos sons orquestrais para ampliar a paleta deste atrevido traballo.

Triple Clown

covet

technicolor

A medio camiño entre o post-rock e o math-rock, technicolor é a carta de presentación perfecta para o particular son de Yvette Young, probablemente unha das guitarristas máis sorprendentes e innovadoras dos últimos anos, capaz de combinar a complexidade técnica coa beleza sonora.

Rimas Entertainment

Bad Bunny

YHLQMDLG

En 2020 pasaron xa tantas cousas que ata parece mentira que YHLQMDLG saíra este ano. Pero así foi, e foi o primeiro dos tres albumes que Bad Bunny lanzou neste ano, servindo de súpeto como himno de tantos e tantos confinamentos. Aquí, Benito fluía entre reguetón e hip hop coma un mestre que leva toda sentando cátedra, se ben a súa carreira comezou hai escasos catro anos. Himno tras himno, e sempre dende a proximidade, converteuse nun álbum inesquecible.

Epitaph

Touché Amoré

Lament

A banda de post-hardcore ampliou a súa paleta sonora da man do produtor Ross Robinson en Lament. Neste traballo, marcado pola súa catártica intensidade, Touché Amoré gravaron as súas cancións máis directas, liberadas de calquera fío conceptual, como acontecera no seu anterior disco Stage Four.

mac miller circles
Warner

Mac Miller

Circles

O álbum póstumo de Mac Miller constitúe un honesto exercicio de reflexión, nun intento de quebrar os “círculos” da autodestrucción. O máis valioso de Circles é que, aínda que non saibamos canto do proceso se fixo con Miller vivo, supón un álbum compacto e cheo de vida propia.

Música Máxica

Sangre de Muérdago

Xuntas

En 2020, Xuntas érguese para renacer unha parte da música galega que parecía esgotada, insuflándolle vida á música folk que tanto marcou o noso país, e tamén a ser un deses pequenos imprescindibles na historia da música galega.  

Secret City

Klô Pelgag

Notre-Dame-des-Sept-Douleurs

A cantidade de sons que Klô Pelgag consegue fusionar no seu terceiro álbum é máis que salientable. O resultado da mestura instrumental remata sendo un disco de pop que, ademais, é bonito e capaz de crear unha atmosfera que nos lanza fóra da música como poucos.  

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.