Os Atlantic Days traerán a La Zowi en concerto a Santiago e Pontevedra

Os Atlantic Days volven esta vez para traernos en concerto á matriarca do trap estatal La Zowi, o vindeiro venres 24 de maio na Sala Malatesta de Santiago e o sábado 25 na Sala Karma de Pontevedra.

Os Atlantic Days son unha serie de actuacións e eventos que organiza o festival arousano Atlantic Fest en diferentes cidades. Por eles pasaron xa The New Raemon, La Bien Querida, Iván Ferreiro ou Cupido o pasado mes de abril.

Podes adquirir a entrada para calquera dos dous concertos neste enlace.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.