MELONA FEST 3 // BAIUCA

Os festivais volven en setembro, unha viaxe lenta cara a normalidade

Aínda non se sabe en que condicións, pero moitos eventos xa teñen data confirmada

Aínda que o futuro respecto á COVID-19 é incerto ao igual que o é a economía, pode dicirse que existe unha pequena luz ao final do túnel. Tras uns meses de cancelacións de eventos e cinemas pechados, parece que pouco a pouco vaise volver á normalidade. Ou polo menos a unha “Nova Normalidade” que aínda está por ver canto ten de normal.

Aínda non hai nada seguro e as datas están condicionadas a que a situación sanitaria o permita, pero sen nada o impide, despois dun verán marcado polas medidas de desescalada, teremos un outono cheo de eventos entre os xa programados e os que adiaron a súa celebración ata esas datas. É cedo para afirmar baixo que condicións se celebrarán, pero a información oficial polo momento é que sairán cara adiante.

O 25 aniversario do OUFF (Ourense Film Festival) mantense entre o 25 e o 3 de outubro. Este ano contará coa novidade da inclusión do Premio Galicia-Xacobeo, dotado con 12.000 euros de premio. Igualmente, a festival de curta de Vilagarcía celebrarase como estaba previsto entre o 23 de outubro e o 1 de novembro, mais cun nome novo: Festival do Imaxinario, que tamén incluirá outras propostas ademais do audiovisual como a literatura ou a música.

Para o 28 de outubro está previsto o Galician Freaky Film Festival, unha das cita máis importantes para o cinema fantástico do país. Na mesma cidade celebrarase o Primavera de Cine, un festival que fai un gran apoio ao cinema lusófono, entre o 15 e 20 de setembro.

Pola súa banda o Festival de Cans colle sitio para os días comprendidos entre o 2 e o 5 de setembro. Este festival conxuga as curtametraxes de produción galega xunto coa mellor música e unha grande carisma. A S8, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña tamén ten sitio neste calendario no que parece imposible que caiban todos: Entre o 27 de setembro e o 10 de outubro.

Pero non soamente son festivais de cinema os que elixiron estas datas, senón que tamén os de música. O Melona Fest de Compostela celebrarase entre o 28 de outubro e o 1 de novembro, o Esmorga Fest de Sarria entre o 13 e o 14 de novembro e o FaCeLa Fest lucense é o que máis arrisca de todos: celebrarase entre o 27 e o 29 de agosto.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.