Cristina Calvete

Os grandes concertos estarán pendentes dos contaxios ata o último día

Os espectáculos musicais ao aire libre con máis de mil persoas non se poderán celebrar nos concellos con máis de 150 de incidencia a catorce dias e 75 a sete, xa sexa con público de pé ou sentado. A Xunta de Galicia, polo tanto, pon un novo condicionante: a incidencia acumulada no propio día do evento.

Isto supón que no caso de que se dispare este dato, o aforo do evento quedaría automaticamente limitado a que sexa de menos de mil persoas. Deste xeito, permite incluír unha condición sen que se teña que reunir o comité clínico para revisar os niveis de alerta dos concellos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.