Representantes das entidades organizadoras -Concello de Pontevedra, AGADIC, Bodegas Martín Códax, Deputación de Pontevedra e Músicas ao Vivo- na presentación. | Foto: Pixelín

Os premios Martín Códax xa teñen data

O evento presencial tivo que ser retrasado pola COVID-19

A Asociación Músicas ao Vivo, organizadora dos Premios Martín Códax da Música, vén
de anunciar que xa teñen nova data para a celebración da gala na que se coñecerán os
proxectos premiados da súa xa sétima edición. Será o 21 de outubro no Pazo da Cultura
de Pontevedra sempre que as condicións sociosanitarias pola COVID-19 o permitan.

Na que se converteu desde hai uns anos na gran festa da música galega cambiarán
algunhas cousas pola situación de pandemia na que nos atopamos,
mais non todas. Así é
o caso das marabillosas Melómanas, realizadas un ano máis por Víctor Lorenzo, que
caerán en mans dos proxectos premiados nas 20 categorías e que xa son todo un
elemento identitario dos premios

Dende Músicas ao Vivo salientan o atípico desta sétima celebración e a “complexidade a nivel organizativo” que supón adaptar os Premios ás circunstancias actuais para non
teren que cancelar a gala. Con todo, esta edición gozou tamén de moi boas novas, como
a de ser a máis exitosa de todas a nivel inscricións, cun total de 577, ou a concesión do
Premio Honorífico a unha muller cunha gran traxectoria artística como é María Manuela.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.