Os Verto versionan a Muinheira de Chantada para celebrar o 25 de xullo

Os Verto versionan por sorpresa a Muinheira de Chantada para celebrar o Día de Galicia, 25 de xullo. Desta vez, o dúo pon o ollo na música popular galega para facer algo novo, que é o primeiro que ve a luz tras o seu exitoso disco Embora. Da portada, como nos anteriores traballos de Verto, encargouse Mundo X. Esta é a segunda revisión desta peza popular nesta mesma semana despois de que o grupo de rap TIAM Gz decidira pechar o seu primeiro disco, (De)Construcción, cua particular visión da canción.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.