‘Patria’, sobre ETA e o perdón, é a maior promesa de HBO para 2020

Contará coa dirección de Aitor Gabilondo e tanto o elenco como a meirande parte das localización serán vascas

‘Patria’, que por fin ten data aproximada de estreo, aparecerá, como é habitual en HBO con un capítulo por semana no mes de maio do 2020 e constará de 8 capítulos de unha hora cada un.

A novela homónima de Fernando Aramburu, publicada no 2016, foi un éxito rotundo. Conseguiu máis dun millón de ventas no Estado español. Agora, a serie é unha das máis esperadas para o próximo ano e toda unha declaración de intencións para HBO España, que depositou toda a súa confianza e tamén “sangue, suor e lágrimas”.

Baixo a dirección de Aitor Gabilondo, a serie relata os anos máis dramáticos de ETA e o seu cese de violencia, en concreto, transcorre entre os anos 1989 e 2011. A produción da serie presume de que se respira Euskadi en todo momento e por todas partes. Non só o director elixido é vasco, senón que todo o elenco de actores principais tamén o é. Destaca que na serie hai saltos temporais e por tanto evolución dos personaxes, pero decidiron non cambiar os actores e confiar no equipo de maquillaxe e tamén ma postprodución para marcar o avance na idade destes. Dende fontes da propia HBO destacan que para isto o máis importante para marcar o paso do tempo son os ollos.

As localizacións tamén son na gran maioría en Euskadi e no País Vasco francés xa que buscan o maior realismo posible. HBO sacou á luz imaxes sobre a serie nas que podemos ver a Bittori, interpretada por Elena Irureta regresando ao pobo onde ETA matou ao seu marido cunha actitude de forza. A Joxe Mari (Jon Olivares) participando en actos da Kale Borroka e discusión coa súa nai Miren, papel realizado por Ane Gabarain.

Toda a serie xira baixo dous conceptos principais. Que a violencia pode ferir, tanto aos que son vítimas como aos que a poñen en práctica. E o reclamo de perdón, de novo, tanto para quen necesita que o desculpen como para quen necesita ser desculpado.

Teremos que esperar aínda 6 meses para vivir Patria, pero polo momento podemos quedarnos coa afirmación de Aramburu, o propio escritor da novela, que di que dende agora os rostros dos personaxes que el mesmo creou xa non teñen as caras que el imaxinara, senón as caras que estes actores lle puxeron.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.