‘Patria’ estrearase no Festival de San Sebastián

A serie de HBO, baseada na novela de Fernando Aramburu, formará parte da Sección Oficial

Os oito episodios que configuran Patria proxectaranse uns días antes da súa estrea internacional na Sección Oficial da 68 edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que se celebrará entre o 18 e o 26 de setembro. Para o resto do mundo, chegará a HBO o vindeiro 27 de setembro. Seguindo a política de distribución da plataforma, lanzaranse novos episodios semanalmente.

A serie, creada por Aitor Gabilondo para HBO Europe a partir da exitosa novela de Fernando Aramburu, aborda a historia do País Vasco durante tres décadas a través dos ollos de dúas familias divididas pola violencia. A dirección corre a cargo de Félix Viscarret e Óscar Pedraza. Miguel Salvat, Steve Matthews e Antony Root son os produtores executivos da serie por parte de HBO Europe.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.