Patti Smith convértese na primeira confirmación do Festival Noroeste

Patti Smith é a primeira confirmación do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebrará en A Coruña entre o 6 e o 11 de agosto. A aclamada universalmente como a “madriña do punk” é unha das artistas máis polivalentes da nosa era. Poetisa, cantante, fotógrafa, escritora e compositora. Aos 72 anos de idade, darase cita coa súa banda na praia de Riazor nun concerto de balde.
O festival contará nesta edición con máis de 80 bandas e artistas que inundarán todos os recunchos urbanos da cidade de María Pita. O festival é unha das citas máis interesantes do circuíto festivaleiro estatal. Neste certame pódense escoitar estrelas internacionais mesturadas con promesas emerxentes. Nas últimas edicións subíronse ao seu escenario artistas tan dispares como Glitchgirl, Kaiser Chiefs, Nathy Peluso, The Riggos ou La Plata.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.