Poetas galegos son traducidos para a web internacional Asympote

Chus Pato, Luz Pozo ou Ismael Ramos son algúns dos nomes máis recoñecibles traducidos ao inglés.

Recoñecidos escritores como Chus Pato, Manuel Rivas ou Luz Pozo, así como figuras máis novas como Ismael Ramos, Alba Cid ou Lara Dopazo conforman unha selección de autores galegos traducidos ao inglés para aparecer no portal internacional de poesía ‘Asymptote’, un dos sitios web da literatura traducida de referencia.

Baixo a etiqueta ‘Galician Poetry Feature’ e coa coordinación do tradutor Jacob Rogers, o portal ‘Asymptote’ destaca estas voces galegas. Ademais desta selección, destaca tamén a tradución ao inglés dos poemas realizada por nomes como Kathleen March, Erin Moure, Jonathan Dunne ou o propio Jacob Rogers.

‘Asymptote’ é un escaparate mundial de novas traducións que conta con cinco millóns de seguidores. Creado en 2011, catro anos despois recibiu o Premio Internacional para a Tradución Literaria de Londres durante o Salón do Libro de 2015. Desde a súa creación, esta web recompila obras de 121 países e 103 idiomas diferentes.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.