‘Pokémon: A Coroa das Neves’ chegará a Nintendo Switch o vindeiro 23 de outubro

Trala saída da primeira DLC de Pokémon: Espada e Escudo o pasado 17 de xuño, A Isla da Armadura, a segunda parte do Pase de Expansión do último xogo da famosa saga de GameFreak sairá o vindeiro venres 23 de outubro en Nintendo Switch. A aventura da Coroa das Neves terá lugar nunha nova rexión dentro do arquipélago que parece formar a rexión de Galdia, chea de cordilleiras nevadas.

Para esta segunda parte, a compañía nipona anunciou o regreso de todos os Pokémon lendarios de anteriores edicións, que todo apunta a que se poderán conseguir nun novo modo de xogo cooperativo chamado Aventura Dynamax, onde terás que vencer a diferentes Pokémon xigantes ata conseguir chegar ao teu obxectivo.

Xunto a isto, tamén se engade ao xogo un novo torneo de Superestrelas de Galar, onde formaremos equipo cos personaxes da saga en combates dobres para vencer ao resto de líderes de ximnasio coñecidos. Un dos novos Pokémon que poderemos utilizar para esta aventura será o Slowking de Galar, anunciado xa que o seu tipo será psíquico-veleno.

O tráiler foi anunciado nun Pokémon Direct de 10 minutos, onde tamén se anunciaron, entre outros, pequenos regalos coma un Pikachu coa gorra de Ash e a chegada de compatibilidade entre Pokémon Go e Pokémon Home a finais de ano.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.