PolygoneStudios necesita 20.000 euros para financiar o seu novo proxecto

O estudio vigués PolygoneStudios inicia hoxe unha campaña de Verkami para financiar o seu novo proxecto Luminon. A campaña, que xa está en marcha, ten unha meta establecida nos 20.000 euros e a cantidade mínima a aportar é de cinco euros.

Luminon será un xogo para PC de plataformas e pensado para mozos entre 8 e 14 anos. PoygoneStudios é unha das empresas con maior traxectoria na industria do videoxogo galego (aínda que nun principìo soamente eran unha compañía de software) e entre os seus títulos máis destacados atópase o xogo de crebacabezas Cricktogame, o primeiro xogo en galego publicado na Nintendo Switch.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.